vista_recinto.jpg
Comunicados de prensa de Galiforest 2010
Galiforest pecha unha primeira edición marcada pola satisfacción de expositores e visitantes profesionais e pola gran afluencia destes últimos
Organizado pola Feira Internacional de Galicia, constituíu dende o xoves e ata hoxe un completo escaparate de innovacións do sector forestal no que se mostrou maquinaria cun valor superior aos 11 millóns de euros

• ESTE MONOGRÁFICO FORESTAL, O PRIMEIRO CELEBRADO EN GALICIA QUE TEN LUGAR NO MONTE, CONTOU COA PRESENZA DE 100 FIRMAS EXPOSITORAS E MÁIS DUN CENTENAR  DE DEMOSTRACIÓNS DE MAQUINARIA

• COLLEU ADEMAIS UN INTERESANTE PROGRAMA DE XORNADAS TÉCNICAS E DE FORMACIÓN QUE O CONVERTERON NUN ATRACTIVO FORO DE COÑECEMENTO PARA O SECTOR

Boqueixón, 26 de xuño de 2010.- O monográfico forestal Galiforest 2010,  organizado pola Feira Internacional de Galicia (Fundación Semana Verde) no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), pecha hoxe unha primeira edición marcada pola satisfacción de expositores e visitantes profesionais e pola gran afluencia destes últimos, a cal se dará a coñecer xunto cos datos de peche do certame nos próximos días.
Ler máis...
 
Galicia produce anualmente entre 10 e 11 toneladas de castaña, a metade do total nacional
Este dato deuse a coñecer na ponencia “A castaña e a recuperación dos soutos como modelo de aproveitamento sostible e multifuncional do monte” celebrada no marco do monográfico Galiforest

•    EXPÓRTASE A METADE DA PRODUCIÓN, XA SEXA PRODUTO EN FRESCO OU TRANSFORMADO, SENDO OS PRINCIPAIS DESTINOS FRANCIA E XAPÓN

•    NO TRANSCURSO DA XORNADA DESTACOUSE A IMPORTANCIA DE DIFUNDIR O USO GASTRONÓMICO DESTE PRODUTO XERADOR DE RIQUEZA

Boqueixón, 25 de xuño de 2010.- Galicia produce entre 10 e 11 toneladas de castañas ao ano, a metade da produción nacional, a cal se sitúa entre as 21 e 22 toneladas. Así o deu a coñecer José Domingo Posada González, da Asociación de Produtores e Exportadores de Produtos Agrosilvestres de Galicia (Proagrosilga), na ponencia “A castaña e a recuperación dos soutos como modelo de aproveitamento sostible e multifuncional do monte” que se celebrou no marco do I Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2010, que se celebra dende onte e ata mañá no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).
Ler máis...
 
Entre o 60 e o 70% dos accidentes forestais son provocados directa ou indirectamente por motoserras
Vicente Manso, da empresa Entrenamiento y Formación Forestal (Entrefor), considera que o sector ten uns índices de siniestralidade superiores a outros sectores, como a construción

O MONOGRÁFICO GALIFOREST ESTÁ A ACOLLER DIVERSOS CURSOS DE FORMACIÓN EN SEGURIDADE NO MANEXO DAS MÁQUINAS E FERRAMENTAS QUE MÁIS  SINISTROS PROVOCAN NOS TRABALLOS FORESTAIS

Boqueixón, 26 de xuño de 2010.-
O I Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2010, organizado pola Feira Internacional de Galicia dende o xoves e ata hoxe  no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), está a acoller todos os días varias xornadas de formación en seguridade no manexo de máquinas e ferramentas forestais.
Ler máis...
 
O monográfico forestal Galiforest exhibe maquinaria forestal por un valor superior aos 11 millóns de euros
As máquinas con maior valor son unha astilladora de 710.000 euros e dúas procesadoras de 418.000 e 415.000 euros

•    NA ÁREA DE EXPOSICIÓN MÓSTRANSE CERCA DE 300 MÁQUINAS TANTO DE EXPLOTACIÓN FORESTAL COMO DE PRIMEIRA TRANSFORMACIÓN E APROVEITAMENTO DA BIOMASA

•    MOITAS DESTAS MÁQUINAS PROTAGONIZARÁN ALGUNHA DAS MÁIS DE 100 DEMOSTRACIÓNS QUE SE REALIZARÁN AO LONGO DOS TRES DÍAS NO CERTAME

Boqueixón, 25 de xuño de 2010.-
O I Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2010, celebrado no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón),  exhibe na súa área expositiva, dende onte e ata mañá sábado, maquinaria forestal por un valor superior aos 11 millóns de euros.
Ler máis...
 
Unha motoserra de mochila que permite reducir ata un 10% a frecuencia cardíaca do usuario no traballo gaña o Concurso de Innovación Tecnolóxica de Galiforest
Os galardóns foron fallados esta mañá no marco deste monográfico forestal organizado pola Feira Internacional de Galicia, o primeiro celebrado en Galicia que ten lugar no monte

•    ESTA MENOR NECESIDADE DE ESFORZO NO MOMENTO DA ACTIVIDADE É POSIBLE GRAZAS AO AUMENTO DO ALCANCE DA MÁQUINA AO INCORPORAR O SEU ARNÉS UN SOPORTE ELÁSTICO QUE PERMITE LOGRAR A ALTURA DE CORTE CORRECTA E REDUCIR A CARGA LABORAL

•    PRESENTÁRONSE UN TOTAL DE 12 INNOVACIÓNS DESTINADAS A APORTAR MELLORAS AO SECTOR FORESTAL E A OPTIMIZAR OS SEUS RECURSOS

Boqueixón, 24 de xuño de 2010.- A Motoserra de Mochila Husqvarna 535 FBX presentada pola empresa Internaco, a cal introduce un novo método de traballo máis ergonómico e que require menos esforzo, permitindo reducir ata un 10% a frecuencia cardíaca do usuario no momento de traballo, gaña o Concurso de Innovación Tecnolóxica celebrado no marco do I Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2010. Este, organizado pola Feira Internacional de Galicia, celébrase dende hoxe e ata o vindeiro sábado no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).
Ler máis...
 
O 67% da superficie de Galicia son terreos forestais, o que supón 2 dos 3 millóns de hectáreas cos que conta a Comunidade
Deuse a coñecer hoxe na xornada “O sector forestal en Galicia”, celebrada no marco do monográfico forestal Galiforest, que ten lugar dende hoxe e ata o sábado no Centro Agroforestal de Sergude (Boqueixón)

•    O DIRECTOR XERAL DE MONTES, TOMÁS FERNÁNDEZ-COUTO JUANAS, QUE ABRIU A XORNADA, REVELOU QUE GALICIA PRODUCE MÁIS DA METADE DA MADEIRA NACIONAL

•    NO ENCONTRO FALOUSE, ENTRE OUTROS TEMAS, DE XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE, NECESIDADES DE INVESTIGACIÓN NA MELLORA FORESTAL E RETOS PARA O APROVEITAMENTO DA BIOMASA

Boqueixón, 24 de xuño de 2010.-
Dous dos 3 millóns de hectáreas de superficie cos que conta Galicia son terreos forestais, o que supón un 67% da extensión total da Comunidade. Así o deron a coñecer hoxe Antonio Rigueiro Rodríguez, do Departamento de Produción Vexetal da Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela, e Gabriel Toval Hernández, director do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán no transcurso da xornada “O sector forestal en Galicia”, a cal tivo lugar no marco do monográfico forestal Galiforest, que se celebra dende hoxe e ata o sábado no Centro Agroforestal de Sergude (Boqueixón).
Ler máis...
 
Galiforest pon en marcha a súa primeira edición con 100 firmas expositoras de 14 países e máis dun centenar de demostracións de maquinaria
Organizado pola Feira Internacional de Galicia, celebrarase  dende mañá e ata o sábado no Centro Agroforestal de Sergude ante a demanda do sector de contar cun certame profesional no monte

• ESTE MONOGRÁFICO FORESTAL, QUE SERÁ INAUGURADO MAÑÁ POLO CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, É O PRIMEIRO CELEBRADO EN GALICIA QUE TEN LUGAR NUN LUGAR REAL DE TRABALLO

• ADEMAIS DE DEMOSTRACIÓNS CONTINUADAS DE MAQUINARIA, CONTARÁ CUN INTERESANTE PROGRAMA DE ACTIVIDADES QUE INCLÚE XORNADAS TÉCNICAS E DE FORMACIÓN, COMPETICIÓNS E UN CONCURSO DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA

Silleda, 23 de xuño de 2010.-
Silleda, 23 de xuño de 2010.- A primeira edición do monográfico forestal Galiforest, que se celebrará dende mañá e ata o vindeiro sábado no monte e as instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), contará coa presenza de 100 firmas expositoras de 14 países, entre as cales se encontran as de maior prestixio do sector a nivel nacional e internacional. 
Ler máis...
 
A certificación forestal FSC presentará no monográfico Galiforest o seu proxecto dirixido a pequenos propietarios galegos
Baseáse na xestión ambientalmente responsable, socialmente beneficiosa e economicamente viable dos bosques

• ESTE SISTEMA COMPONSE DE 10 PRINCIPIOS E 56 CRITERIOS QUE GARANTIZAN UN NIVEL MÍNIMO DE XESTIÓN

FORMA PARTE DUN PROGRAMA DE ACTIVIDADES QUE CONVERTIRÁ AO CERTAME NUN FORO DE COÑECEMENTO PARA O SECTOR FORESTAL
Ler máis...
 
As asociacións nacionais de empresas forestais de España, Francia e Portugal reuniranse no marco do monográfico forestal Galiforest
O obxectivo deste encontro é definir as liñas de colaboración e proxectos de interese común para as tres entidades

•    OS REPRESENTANTES DE ASEMFO, EDT E ANEFA RECORRERÁN A FEIRA PARA COÑECER A SÚA AMPLA OFERTA EN INNOVACIÓNS TECNOLÓXICAS DO SECTOR

•    O CERTAME CELEBRARASE DO 24 AL 26 DE XUÑO NO MONTE E INSTALACIÓNS DO CENTRO DE FORMACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN)

Silleda, 19 de xuño de 2010.- As asociacións nacionais de empresas forestais de España, Francia e Portugal reuniranse no marco do I Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2010, o cal se celebrará do 24 ao 26 de xuño no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).
Ler máis...
 
O monográfico Galiforest acollerá ao longo das súas tres xornadas máis dun centenar de demostracións de maquinaria forestal
O certame, organizado pola Feira Internacional de Galicia, celebrarase do 24 al 26 de xuño no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón)

ESTAS EXHIBICIÓNS NUN LUGAR REAL DE TRABALLO PERMITIRÁN AOS EXPOSITORES MOSTRAR OS SEUS PRODUCTOS EN FUNCIONAMENTO, E AOS VISITANTES COMPROBAR AS SÚAS VANTAXES E POSIBILIDADES

Silleda, 18 de xuño de 2010.-
O I Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2010, o cal se celebrará do 24 ao 26 de xuño no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), acollerá ao longo das súas tres xornadas máis dun centenar de demostracións en vivo de maquinaria forestal.
Ler máis...
 
A certificación sostible dos montes e os seus beneficios para o ecosistema e a economía rural abordarase no monográfico forestal Galiforest
Organizado pola Feira Internacional de Galicia, celebrarase do 24 al 26 de xuño no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude

•    SEIS PROFESIONAIS ABORDARÁN ESTE TEMA NUNHA XORNADA TÉCNICA

•    FORMA PARTE DUN PROGRAMA DE ACTIVIDADES QUE CONVERTIRÁ AO CERTAME NUN FORO DE COÑECEMENTO PARA O SECTOR FORESTAL

Silleda, 15 de xuño de 2010.-
O I Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2010, o cal se celebrará do 24 ao 26 de xuño no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), informará aos visitantes sobre “A Certificación Forestal PEFC”, mediante a cal se constata que un monte é sostible.
Ler máis...
 
Galiforest formará aos profesionais do monte en seguridade no manexo das máquinas e ferramentas forestais que máis accidentes provocan
Este monográfico forestal, organizado pola Feira Internacional de Galicia, celebrarase do 24 al 26 de xuño no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude

•    REALIZARASE A TRAVÉS DUNHA XORNADA TÉCNICA QUE SE CELEBRARÁ TODOS OS DÍAS DO CERTAME

•    O PRIMEIRO DÍA O CIS MADERA FALARÁ SOBRE UNHA TECNOLOXÍA QUE PERMITE EXAMINAR A CALIDADE DA MADEIRA SOBRE A MATERIA PRIMA SIN AFECTAR PROPIEDADES, INTEGRIDADE OU UTILIDADE FINAL DO PRODUTO

Silleda, 8 de xuño de 2010.-
O I Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2010, o cal se celebrará do 24 ao 26 de xuño no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, formará aos profesionais do monte que asistan ao certame en prevención de riscos laborais nos traballos forestais.
Ler máis...
 
Os retos de futuro do sector forestal galego, a xestión sostible e o aproveitamento da biomasa serán algúns dos temas que se abordarán en Galiforest
Este monográfico forestal, organizado pola Feira Internacional de Galicia, celebrarase do 24 al 26 de xuño no monte e instalacións do Centro de Experimentación Agroforestal de Sergude

•    SERÁN ABORDADOS NA XORNADA “O SECTOR FORESTAL  EN GALICIA”, NA QUE PARTICIPARÁN 13 EXPERTOS PERTENCENTES A DISTINTOS ORGANISMOS E ASOCIACIÓNS

•    O DIRECTOR XERAL DE MONTES, TOMÁS FERNÁNDEZ-COUTO JUANA, PARTICIPARÁ NA MESA REDONDA QUE TERÁ LUGAR AO FINAL DA XORNADA

Silleda, 3 de xuño de 2010.-
O I Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2010, que se celebrará do 24 ao 26 de xuño no monte e instalacións do Centro de Formación e  Experimentación Agroforestal de Sergude, acollerá no seu día inaugural a xornada técnica “O sector forestal en Galicia”.
Ler máis...
 
A industria da madeira en Galicia xenera o 11,6% do volumen de negocio nacional do sector
A facturación ascende a 1.619 millóns de euros

•    NA COMUNIDADE GALEGA SUPÓN 22.700 POSTOS DE TRABALLO DIRECTO, UN 10,9% DO TOTAL DE EMPREGOS DESTA ACTIVIDADE EN ESPAÑA


•    DO 24 AO 26 DE XUÑO O SECTOR CONTARÁ CUN MONOGRÁFICO FORESTAL ESPECIALIZADO, GALIFOREST, ORGANIZADO POLA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA E CELEBRADO NO MONTE E INSTALACIÓNS DO CENTRO AGROFORESTAL DE SERGUDE PARA PERMITIR DEMOSTACIÓNS EN VIVO

Silleda, 30 de maio de 2010.-
A industria da madeira en Galicia xenera o 11,6% do volume de negocio nacional do sector, facturando así 1.619 millóns de euros dos 13.900 millóns alcanzados no conxunto de España, segundo fontes consultadas polo I Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2010, o cal, organizado pola Feira Internacional de Galicia, se celebrará do 24 ao 26 de xuño no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, moi próximo a Santiago de Compostela.
Ler máis...
 
Galiforest 2010 dará protagonismo ás innovacións tecnolóxicas forestais a través de demostracións en vivo e premiando ás destacadas
O certame celebrarase do 24 al 26 de xuño no monte e instalacións do Centro de Experimentación Agroforestal de Sergude como resposta á necesidade do sector de contar cun monográfico profesional nun lugar real de traballo

TAMÉN NA SÚA ÁREA EXPOSITIVA ESTARÁN PRESENTE NUMEROSAS NOVIDADES TÉCNICAS PRESENTADAS POLAS MÁIS DESTACADAS FIRMAS DO SECTOR FORESTAL QUE OPERAN NA PENÍNSULA IBÉRICA
Ler máis...
 
O Comité de Galiforest reuniuse por terceira vez para avanzar na organización deste novo monográfico forestal
37 representantes dos colectivos e empresas máis importantes do sector asistiron ao encontro, o cal estivo presidido polo director xeral de Montes

A MARCHA DA COMERCIALIZACIÓN E A PROMOCIÓN DO CERTAME E A PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARALELAS Á SÚA ÁREA EXPOSITIVA CENTRARON O ENCONTRO

Silleda, 16 de marzo de 2010.- O Comité do I Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2010, reuniuse hoxe por terceira vez nas instalacións do recinto Feira Internacional de Galicia para avanzar na organización deste novo certame, que terá lugar do 24 ao 26 de xuño no monte e instalacións do Centro de Experimentación Agroforestal de Sergude, en Boqueixón.


Ler máis...
 
A Feira Internacional de Galicia organizará do 24 ao 26 de xuño de 2010 o novo monográfico forestal Galiforest

A data de celebración do certame e outros aspectos do mesmo decidíronse nunha reunión mantida polo seu Comité Organizador no recinto feiral

DIRIXIDO EXCLUSIVAMENTE A PROFESIONAIS DO SECTOR, DESENVOLVERASE NO MONTE E INSTALACIÓNS DO CENTRO DE EXPERIMENTACIÓN AGROFORESTAL DE SERGUDE, MOI CERCANO A SANTIAGO DE COMPOSTELA

SERÁ BIENAL E CONTARÁ CUN PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARALELAS Á EXPOSICIÓN NA QUE DESTACARÁN AS DEMOSTRACIÓNS EN VIVO

A Feira Internacional de Galicia organizará un novo monográfico forestal dirixido exclusivamente aos profesionais do sector, Galiforest, o cal se celebrará do 24 ao 26 de xuño de 2010 no monte e instalacións do Centro de Experimentación Agroforestal de Sergude, moi cercano a Santiago de Compostela.

Ler máis...