• feria_galiforest_1.jpg
  • feria_galiforest_2.jpg
  • feria_galiforest_3.jpg
  • feria_galiforest_4.jpg
  • feria_galiforest_5.jpg
  • feria_galiforest_6.jpg

La feria forestal Galiforest Abanca 2016 terminó esta mañana su programa de jornadas técnicas hablando de seguridad con motosierra y desbrozadora

 

 

Silleda, 2 de julio de 2016.- A cuarta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca 2016, a cal pecha hoxe as súas portas no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), rematou esta mañá o seu programa de xornadas técnicas cunha propostas da firma Stihl, a cal incluíu tres conferencias.

Así, no seu transcurso abordouse a seguridade con motoserra e desbrozadora e tamén as novas tecnoloxías, de man de Álvaro López e Ángel Domínguez, ambos formadores cualificados Stihl Training, con especialidade en traballos de apeo e desbroce o primeiro e en xardinería e traballos en altura o segundo. Así mesmo, Carmen Antúnez, responsable de formación de Stihl Training, deu a coñecer o programa de formación-certificación PFC-IMQ, unha iniciativa  dirixida a profesionais forestais e empresas que prestan servizo neste sector que ofrece formación impartida por Stihl e un proceso de certificación profesional independente realizado por IMQ Ibérica.